martes, 13 de setembro de 2022

Comezamos a explorar os recunchos

 Hoxe comezamos a xogar nos recunchos. En parellas xogamos e traballamos. Sen dúbida, o máis solicitado é a mesa de experimentación! 

 Ao longo das semanas iremos rotando de tal xeito que todas e todos poidamos desfrutar dos diferentes recunchos. 

Seguide lendo para velos!


Neste xogo buscamos diamantes, clasificamos, contamos e representamos graficamente. 


Neste outro buscamos a tarxeta, lemos, compoñemos e escribimos. En arte pintamos, recortamos, creamos...

Aquí temos libre experimentación coa auga: transvases, flotación, medida, reforzo da psicomotricidade fina...

Nos minimundos experimentamos con diferentes materiais e facemos as nosas pequenas creacións. 

E ademais, tamén xogamos coa plastilina, con quebracabezas, cos pinchiños...unha morea de cousas!

Por último, xa temos tamén a nosa rutina da encargada/encargado funcionando. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario