luns, 26 de setembro de 2022

Benvido outono

O pasado 22 de setembro comezou unha das estacións máis fermosas do ano. Mentres non decidimos o proxecto a desenvolver este trimestre, realizamos propostas de outono como as que seguen.



A profe Iria do equipo verde propúxonos pintar unha árbore e pareceunos moi boa idea. Cada árbore foi diferente e todas moi fermosas!




As nenas e nenos de 3 anos tamén practicaron algo co pincel. Mesturaron vermello e amarelo para conseguir laranxa. Con esta cor pintaron unha cabaciña. Fixérono estupendo!


Na aula repasamos vocabulario de outono e deixamos unhas tarxetas no recuncho das letras. Compoñen o nome e escríbeno. Por último debúxano. 


Hoxe tamén saímos a buscar follas, pólas, landras e castañas polo paseo do Carboeiro. Foi moi divertido e ademais acompañounos o equipo verde.


Observamos o que recollemos no paseo e clasificámolo. Había follas moi diferentes: na cor, no tamaño e na forma. Ademais algunhas landras e castañas presentaban un pequeno buratiño...seguro que tiñan meco!



 Ademais destas actividades, ao longo da xornada desenvolvemos as diferentes rutinas. 
Polo de agora, seguiremos explorando coas actividades de outono. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario